Fase A.
1-Tipo de formato.
O formato do anuncio é un debuxo.
2-Encuadre ou angulación da imaxe.
En canto ao encadre e angulación do anuncio podemos dicir que se atopa de maneira frontal, xa que se miramos a imaxe vemola de frente.
.
3-Descripción do que se ve.
Na imaxe podemos observar a zona central que é o que se ve máis destacado,en el aparece unha botella de coca-cola que é o que se anuncia. Despois nas partes dos lados podemos observar unha especie de mundo imaxinario no que parece haber algún tipo de celebración arredor da botella. Os compoñentes desde “ mundo imaxinario” son unhas especies de robots que tocan instrumentos musicais como tambores ou trompetas.
A botella de coca-cola atópase de unha maneira superposta entre os demais obxectos e persoaxes que vemos no anuncio, ainda así, e o que máis destaca e no primeiro que se vixa a xente que o ve.
4- Cores que se utilizan e porque.
Se realizamos unha vista rápida a imaxe decataremonos que unha das cores que máis resalta e a vermella,xa que é ca que asociamos o producto a anunciar,e ademais utilízase esto porque son cores que transmiten calidez.
O fondo da imaxe atópase en unha cor azul grisácea,que non resalta demasiado e fai destacar máis as cores principales.
5-Texto: describir un texto explicativo ou slogan que apareza.
O único texto que podemos atopar neste anuncio publicitario, e nome do producto a anunciar: coca-cola. Pero é suficiente para saber o que se está a anunciar na imaxe.
6-Producto ou logotipo. Donde se atopa.
O logotipo do producto atópase situado na botella que se anuncia, polo tanto, está na parte central do debuxo. E un logotipo moi coñecido que todo o mundo podería identificar sen problema algún.
7-Ideas que transmite o anuncio.
Este anuncio pode transmitir distintos tipos de ideas; as principais son:
- Que o anuncio incita a que a xente tome coca-cola xa que se ve reflexado como algo que transmite diversión e felicidade.
- Tamén é un debuxo chamativo polos persoaxes que nel aparecen, e da a ver que a coca-cola é “típica” de un mundo imaxinario no que predomina a diversión. E eso e o quere mostrarnos este anuncio publicitario.
Fase B.
1-Poboación obxectivo ou target( a que sector da poboación vai dirixido)
Este anuncio pode ir dirixido a todos os públicos posto que é unha bebida que todo o mundo pode consumir, e o anuncio é moi divertido e que pode chamar a atención xeralmente de nenos pequenos.
2-Estratexia pola que optou a compañía ( destastacar unha característica, o prezo,a calidade..)
Neste anuncio trátase de destacar a “ felicidade” que pode dar a consumición de este producto, polo que o clasificamos na categoría de características do producto,xa que nos mostra o que se “consigue con el”
3-Referencias á competencia si existen
Neste anuncio publicitario non se fai ningún tipo de referencia a competencia.
4-Resume nunha frase a idea coa que pode quedar un espectador desta campaña publicitaria.
Coa idea que se poden quedar os espectadores ao observar este anuncio publicitario é que ao consumir cocacola aumenta a felicidade das persoas.
5-Valoración persoal do anuncio
Pareceme que é un moi bo anuncio publicitario posto que é alegre e chamativo,polo que atrae a atención das persoas. Ademáis opino que a mesaxe que intenta transmitir pode facer que aumenten as vendas do producto considerablemente.
Ben a actividade, pero debes usar box.net para que sexa máis práctica.
ResponderEliminar